OLIMPIADAS DO CAMPO MALAHERBA

Para participar: colectivomalaherba@gmail.com

Dentro da I Festa do Rural, que terá lugar no Torreiro de Matamá o vindeiro fin de semana(12-13 de Setembro), celebraranse ás primeiras Olimpiadas do Campo organizadas polo colectivo Malaherba.
Celebraranse no torreiro de Matamá(e campos anexos) o Sábado 12 de Setembro a partir das 17:00.
As inscrpcións están abertas as seguintes modalidades:

-Lanzamento de Boina:
O participante debe lanzar a boina dende a posición indicada polo arbitro(terá que tirar detrás da marca posta pola organización, sen pisala), en posición estatica e sen levantar ningún dos pes do chan. Non está permitido facer unha bola coa boina.
Gañárá o que lance a boina máis lonxe cun lanzamento válido.
O número de lanzamentos por participante comunicarase antes de que comece a competición, dependendo do número de inscritos.

-Lanzamento de Sacho:
O participante debe lanzar o sacho por detrás da marca posta pola organización, en posición semi-estática(sen tomar carreira e sempre cun dos dous pés sobre o chan) e sen pisar a raia. Para que conté o lanzamento terá que caer entre os marxenes laterais postos pola organización.
Gañará o que lance máis lonxe o sacho cun lanzamento válido.
O número de lanzamentos por participantes comunicarase antes de que comece a competición, dependendo do número de inscritos.

-Fondar Barrís:
ferrametas:chaso e maceta(de canteiro)

cada participante dispondra das mesmas ferramentas e do mesmo barril,o xogo consiste en fondar o barril no menor tempo e nun maximo de 15 minutos se nese tempo non se consegue fondar todo o barril o xuiz terá a potestade de otorgar o gañador segun quedara mellor fondado o barril.

-Carreira de carretillas(por parellas):
Realizarase por parellas,un irá dentro da carretilla e o outro a empuxará, na metade do percorrido establecido pola organización, os participantes deberán intercambiarse os postos(o que ía dentro da carretilla na segunda parte do percorrido empuxará pola carretilla levando él agora ó seu compañeiro).
Gañará, a parella que faga o percorrido total en menos tempo.


-Embotellar
Proba na que se vai probar a velocidade dos participantes á hora de embotellar con máquina de embotellar caseira. Gañará o participante que máis botellas embotelle no tempo que estableza a organización

-Desfollar canas:
ferramenta:pelador de canas
cada participante dispondra de canas das cales tera que pelar o maior numero de canas en 10 minutos a calidade do pelado deberá ser boa co cal o xuiz terá potestade de non dar por valida algunha destas,o gañador será o que nestes 10 minutos pele o maior numero de canas.

-Carreira de sachar:
A organización fará un carril para cada participante, que deberá ser sachado correctamente.Gañará o que o faga en menos tempo.



Modalidades para nenos
-Separar fabas de feixóns :
Os nenos deben separar as fabas dos feixóns mixturados nun recipiente.Gañará o que as separe en menos tempo.
-Lanzamento de ovos por parellas:
Cada parella debe lanzarse o ovo entre si, despois de cada lanzamento deben distanciarse unha baldosa(ou outra distancia que estableza o árbrito).
-Lanzamento de boina: IDEM que para os maoires


Para participar: colectivomalaherba@gmail.com

2 comentarios:

  1. falta a billarda no Torreiro de Matamá,donde teñan os sachos teñen que estar as billardas da LNB!!

    unha aperta!!

    ResponderEliminar
  2. Tes razón,e algún máis tamén, pero é o primeiro ano... agardemos que para o ano xoguemos a billarda no torreiro, eso si, este ano a darlle ó sacho ;)

    ResponderEliminar