Furancho

Quizás cando abrimos no 2007, por primeira vez o "Furancho Malaherba", a principal motivación era a obtención duns cartiños necesarios para desenrolar as diferentes actividades que tiñamos en mente, en especial do día MalaherbaRock no Sons da Lameira. Ainda que isto segue a ser así, co paso do tempo  converteuse nun pequeno foco de cultura e diversión  en Matamá, no que ademais de desfutar do picoteo,viño da casa e licores varios típicos destes locais, puidemos e podemos asistir a actuacións inesquecibles ,tanto de grupos de folc tradicional como outros que non o son tanto, concertos acústicos,monologos....
Dende 2007 acostumamos a abrir este local situado a unha beira da capela de San Mauro, case sempre entre os meses de Febreiro e Marzo.

No ano 2012,  tamén montamos furancho, no fin de semana de San Mauro (13,14,15 de Xaneiro),ainda que esta vez mudamosnos para o baixo da casa dos americanos, a uns 200 metros do outro furancho,xusto a un lado da igrexa. En Marzo voltaríamos a abrir o furancho de sempre na praza de San Mauro(ver plano).


Tempada furancheira 2012
                          
 Aquí podedes ver algún dos carteis, das actuacións no furancho Malaherba na tempada 2012, faltan por poñer neses carteis O gurpo de folc "Tridente" que tocou o Sábado 17 de Marzo, e Espíritu Moreno, que pecharon a tempada furancheira do Furancho Malaherba no 2012 . No cartel inferior da esquerda, poden verse as actuacións do Furancho Malaherba no San Mauro, montado para esa ocasión na casa dos          Americanos,ao  lado  da igrexa de Matamá.






Carteis das tempadas 2011,2010 e 2009 (de esquerda a dereita, de arriba abaixo). No de 2009, non aparece a derradeira actuación de ese ano, o martes 18 de Marzo Leo & Arremecaghona abarrotou o Furancho Malaherba.            
Fotos Fuancho Malaherba :



                                                                           

No hay comentarios:

Publicar un comentario