Torneiño de Brilé MalaherbaRock



1 comentario:

  1. 3º Torneiño de Brilé "Malaherba Rock" no Sons da Lameira sábado 2 de xullo (a partir das 17 horas no Torreiro de Matamá)




    Participan dous equipos de 6 xogadoras/es cada un.Os equipos serán mixtos, deben estar compostos por un minimo de 2 homes ou dúas mulleres, nun campo dividido en catro partes como mostra a imaxen:





    O






    O
    O
    O
    O
    O









    O
    O
    O
    O
    O




    O



    (as medidas do campo están por confirmar)
    Cada equipo sitúase nunha parte do centro excepto os capitáns que se poñen no lado contrario ó seu equipo.
    Cada equipo e o seu capitán lanzan o balón hacia o equipo contrario intentando tocar a un rival ou máis en cualquera parte do corpo, antes de que o balón caia ó chan e dentro do terreo de xogo.
    Se o balón é recollido sen caer ó chan, o xogador salvase, se lle toca e antes de que caia é recolliido por un compañeiro tamén se salva.No caso de que o balón tocase a dous xogadores do mesmo equipo e despois caíse o chan, os dous resultarían brilados.
    Os que son alcanzados polo balón (brilados) colocanse no lado do capitán do seu equipo(o capitán iría ó medio xunto o resto do seu equipo) . Dende alí teñen unha oportunidade para salvarse, se son capaces de brilar(tocar coa pelota a un xogador do equipo contrario,caendo despois a pelota o chan) ó primeiro tiro, a algún xogador do equipo contrario.
    *Cando brilan a 2 ou máis xogadores nunha mesma xogada, só un deles, ten a opción de salvarse; por norma xeral a oportunidade de salvarse será para o primeiro no que pete a pelota, pudendo cederlle a opción de salvarse ó outro compañeiro brilado na mesma xogada se o considera axeitado.

    Se conseguen brilar a un contrario, salvanse, voltando para a zona central onde está o seu equipo.

    Se o xogador brilado non é capaz de brilar a ningún xogador do outro equipo no primeiro tiro,segue xogando dende alí, durante todo o partido, non podendo voltar ó centro en ningún momento.


    No caso de que fose o primeiro xogador elimado o que se salva, o capitán colocaríase de novo no seu lugar orixinal, ata que eliminasen a outro membro do seu equipo.
    No caso de que o balón tocase a dous (ou máis) xogadores do mesmo equipo e despois caíse o chan, os dous resultarían brilados.
    Gaña o partido o equipo que consiga brilar antes a todos os seus rivales, lembrando que o último brilado ten tamen unha opción de tiro para salvarse e continuar xogando.
    Rematará o xogo cando o último brilado dun equipo non consiga brilar a ninguen no seu primeiro tiro despois de ser brilado.

    Xuíz Árbitro: Alberto Villamarín Torres

    Xá sabedes, a facer equipos!! podedes irvos apuntando neste enderezo(colectivomalaherba@gmail.com) indicando o nome do equipo,e nome e apelidos, telefono de contacto e/ou mail do capitan(representante do equipo) así como o resto de compoñentes do equipo.
    Un saúdo a todos!!

    ResponderEliminar