Probas II OLIMPIADAS DO CAMPO COLECTIVO MALAHERBA

Lugar: Muíño da Regueira (Matamá-Vigo) Día: 28 de Abril   Hora: 16:00H.- 19: 00H.

-Lanzamento de Boina:
 O participante debe lanzar a boina dende a posición indicada polo arbitro(terá que tirar detrás da marca posta pola organización, sen pisala), en posición estatica e sen levantar ningún dos pes do chan. Non está permitido facer unha bola coa boina.
Gañárá o que lance a boina máis lonxe cun lanzamento válido.
O número de lanzamentos por participante comunicarase antes de que comece a competición, dependendo do número de inscritos.

-Lanzamento de Sacho:
  O participante debe lanzar o sacho por detrás da marca posta pola organización, en posición semi-estática(sen tomar carreira e sempre cun dos dous pés sobre o chan) e sen pisar a raia. Para que conté o lanzamento terá que caer entre os marxenes laterais postos pola organización.
Gañará o que lance máis lonxe o sacho cun lanzamento válido.
O número de lanzamentos por participantes comunicarase antes de que comece a competición, dependendo do número de inscritos.

-Carreira de carretillas (por parellas):
  Realizarase por parellas,un irá dentro da carretilla e o outro a empuxará, na metade do percorrido establecido pola organización, os participantes deberán intercambiarse os postos(o que ía dentro da carretilla na segunda parte do percorrido empuxará pola carretilla levando él agora ó seu compañeiro).
Gañará, a parella que faga o percorrido total en menos tempo.

-Serrar tronco con tronzador (por parellas):
  Gañará a parella que menos tarde en serrar o tronco posto pola organización.

-Debullar millo:
  Gañará o que máis millo debulle no tempo  que acorde a organización.

-Tirar da corda:
Esta proba é por equipos;disputaranse por eliminatorias,irán competindo de dous en dous equipos. Cada equipo terá cinco compoñentes. Un equipo tirará para sí, a un lado da corda e o outro ao outro; no medio haberá unha liña a igual distancia dos primeiros compoñentes de cada equipo. O equipo que consiga que algún compoñente do equipo rival traspase a liña ,gañará

As probas de lanzamento de boina e a de debullar millo faranse tamén para nenos.

1 comentario:

  1. Anotate en colectivomalaherba@gmail.com , ou manda unha mensaxe privada ao facebook de Malaherba, poñendo teu nome, de onde es, e se ves con algunha peña,colectivo,grupo de amigos.... e tedes un nome(exemplo:Colectivo Malaherba), indicao tamén.

    ResponderEliminar