Exitazo do MalaherbaRock 2012(VI SONS da LAMEIRA);primeiras fotos

Ainda que pareza mentira, ainda estamos intentando recuperarnos da intensa fin de semana, impresionados pola masiva asistencia de público, da calidade e simpatía de todalas bandas e polo ambientazo que puidemos vivir o pasado fin de semana... Só temos palabras de agradecemento pero non sabemos por onde comezar.... Graciñas a to@s @s que decidistes asistir un ano máis ao Sons da Lameira, especialmente aos que non sucumbichedes a tentación do botellón, nestes tempos máis que nunca graciñas, sen o voso apoio sería imposible. Agradecer inmensamente @s que sempre estades ahí, a calquera hora botando unha man para o que sexa cando vós necesitamos, que si facer un chourizo, botar unha birra,poñer de un auga a un cubata, levar tal cousa ou a outra, arbitrar,vixiar, sacar fotos, grabar videos,sacar fotos,editar cuñas ou videos,facernos reportaxes...sen palabras. Como non,agradecer a tod@s os grupos sen excepción,por sen tan bos dentro coma fora do escenario...unha vez máis, sen palabras!!

Podedes ver as primeiras fotos do día MalaherbaRock do Sons da Lameira 2012, por xentileza de Zelia García, de Galiza Contrainfo. Graciñas Zelia!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario