Da Reconquista á Festa da Sementeira

Dende o Colectivo Malaherba queremos darlle as grazas a toda esa xente que pasaron polo noso posto o finde pasado, na festa de Reconquista.....seguiremos facendo actividades grazas a todos vos......
E como a cabeza non para, en breve colgaremos as bases para as OLIMPIADAS DO CAMPO que se celebrarán dentro da FESTA DA SEMENTEIRA no Muiño da Regueira en Matamá, o sábado 27 de Abril. Estade atentos e apuntádevos canto antes!!

Tamén, dentro da Festa da Sementeira, temos aberto o prazo, para anotarse ao Xantar Popular do Domigo 27 de Abril. (carne ao caldeiro,viño e pan: 8 euros). Para anotarse chamar ao 634 56 13 19 ou escribir ao correo colectivomalaherba@gmail.com ; posteriormente debedes ingresar no número de conta: 2100-5980-66-0200007504(especificando nome, apelidos e tlf. de contacto) os cartos correspondentes ao importe das reservas que queirades facer(reserva para una persoa 8euros,para dúas 16 euros, para tres persoas 24 euros, para catro persoas 32 euros....)


No hay comentarios:

Publicar un comentario