Pechamos o furancho por este ano. Moitisimas grazas a Fanfarria Taquikardia a Os catro quintos e os ghaiteiros do Casco Vello, ás cantareiras da Buxaina,Ghaita & Cía,Os Vacalouras, O Leo Arremecaghona, Sete Cuncas e Zurrumalla  por poñer a música nestas semanas de Furancho, e desexarlle ao noso amigo Cé Orquestra Pantasma que se recupere pronto e ben.
Graciñas a tod@s os que vós pasachedes polo furancho durante estas semanas!!
E para os que quedarades con gañas de furancho... nós(Malaherba) pechamos, pero a xente de Semente Vigo vai abrir o vindeiro finde (30,31 de Xaneiro e 1 de Febreiro) no mesmo local onde o fixemos nós. Se queredes botarlle una man, xa sabedes...
https://www.facebook.com/events/278989295588796/

No hay comentarios:

Publicar un comentario