Que debedes saber os que queirades montar un posto de artesán, que non venda comida, na III Festa da Sementeira:
 

  Por poñer un posto de artesán que non venda comida imosvos pedir unha colaboración de 10 euros.
  O posto(o traedes vós) se non é de madeira, debedes disimular o plástico ou ferro,con tela de saco por exemplo.
  Debedes vir vestidos en concordancia coa festa, de lábrego/a , traxe tradicional... podedes estar todo o tempo que queirades mentras duren as actividades da festa os dous días, pero vós lembramos que non imos poñer luz para os postos.
  Os textos dos carteis que expoñades nos postos deberán estar en galego.
  Indicanos o nome, telefono de contacto e un correo eléctrónico. Número de metros do posto (de primeiras o espazo destinado a cada posto son 2m. de longo x 0,80m. de ancho), e que é o que vas vender.
 **Importante:O espazo destinado para situar os diferentes postos pode ser de terra ou de asfalto, segundo o espazo dispoñible.  Os artesáns deberán aceptar o lugar que lles sexa asignado pola organización, sen lugar a reclamación.

  Horarios:
  O sábado 25 de Abril, debedes montar o posto antes das 14:30,non se permitiran vehiculos na zona da festa, despois desa hora;
  O domingo 26 de Abril, debedes montar antes das 10:00, non se permitiran vehiculos na zona da festa, despois desa hora.

  Se decides montar o posto na Sementeira ingresa os 10 euros na conta do Colectivo Malaherba: 2100-5980-66-0200007504(la Caixa).  Poñendo: "Artesán, (+nome ,do artesán ou do posto)," . Unha vez ingresados os 10 euros quedará reservado o teu posto. 
DEBEDES  CONFIRMAR QUE O INGRESO ESTÁ FEITO,enviando un correo a colectivomalaherba@gmail.com
 
O prazo para reservar o posto, remata o martes  21 de Abril.

   Lembra que o espazo é limitado, é importante que reservedes a vosa praza o antes posible, para non quedar fóra. Apertas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario