BASES PARA MONTAR POSTO

BASES PARA MONTAR POSTO

Que debedes saber os que queirades montar un posto de artesán, que non venda comida, na VI Festa da Sementeira: 

 Por poñer un posto de artesán que non venda comida imosvos pedir unha colaboración de 10 euros. O posto (o traedes vós) se non é de madeira, debedes disimular o plástico ou ferro,con tela de saco por exemplo. Debedes vir vestidos en concordancia coa festa, de lábrego/a , traxe tradicional... podedes estar todo o tempo que queirades mentras duren as actividades da festa os dous días, pero vós lembramos que non imos poñer luz para os postos.

 Indicanos o nome, telefono de contacto e un correo eléctrónico. Número de metros do posto (de primeiras o espazo destinado a cada posto son 2m. de longo x 0,80m. de ancho), e que é o que vas vender.

 **Importante:O espazo destinado para situar os diferentes postos pode ser de terra ou de asfalto, segundo o espazo dispoñible.
Os artesáns deberán aceptar o lugar que lles sexa asignado pola organización, sen lugar a reclamación Horarios: O sábado 23 de Abril, debedes montar o posto antes das 14:30,non se permitiran vehiculos na zona da festa, despois desa hora; O domingo 24 de Abril,  debedes montar antes das 10:00; non se permitiran vehiculos na zona da festa despois desa hora.

Os textos dos carteis que expoñades nos postos, deberán estar en galego.

  Se decides montar o posto na Sementeira ingresa os 10 euros na conta do Colectivo Malaherba: 2100-5980-66-0200007504(la Caixa). Poñendo: "Artesán, (+nome ,do artesán ou do posto),"
 Unha vez ingresados os 10 euros quedará reservado o teu posto. DEBEDES CONFIRMAR QUE O INGRESO ESTÁ FEITO,enviando un correo a colectivomalaherba@gmail.com .
 O prazo para reservar o posto  na Festa da Sementeira 2016, remata o venres 15 de Abril. Lembra que o espazo é limitado, polo que é importante que reservedes a vosa praza o antes posible, para non quedar fóra. Apertas!!

 Para calquera dúbida podedes contactar con nós no 634561319 ou enviando un correo a colectivomalaherba@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario