Camiñada aos petroglífos
O Colectivo Cultural Alternativo Malaherba organizou o venres día 30 de setembro do 2011, unha visita nocturna aos interesantes petroglifos das ¨Millaradas¨ situados na parroquia viguesa de Matamá.
PROGRAMACION:
- 20.30 h. SAIDA DA ANDAINA dende o muiño da Regueira en Matamá ata os petroglifos, cun percorrido de 1,5 kms.
-21.00 h. VISITA OS PETROGLIFOS coa intervención do experto XULIO FDEZ. PINTOS.
-23.00 h. REGRESO O MUIÑO donde contaremos coa actuación do grupo folc OS CATRO QUINTOS.
Ao rematar QUEIMADA para tod@s!!
Contarvos que a visita aos petroglífos foi todo un éxito, con máis de 200 persoas que participaron, tanto da camiñada e posterior visita aos petroglífos( con chourizada incluída ao regreso da camiñada), como da pequena festa amenizada polos Catro Quintos, que tivo lugar ao regreso ao Muíño da Regueira. O cal permaneceu aberto e moendo millo , para que calquera que quisese, puidese comprobar como funciona un muíño.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario