Bases Artesáns; Festa da Sementeira 2013

Que debedes saber os que queirades montar un posto de artesán na II Festa da Sementeira:

  Por poñer un posto de artesán que non venda comida imosvos pedir unha colaboración de 10 euros.
  O posto(o traedes vós) se non é de madeira, debedes disimular o plástico ou ferro,con tela de saco por exemplo.
  Debedes vir vestidos en concordancia coa festa, de lábrego/a , traxe tradiconal... podedes estar todo o tempo que queirades mentras duren as actividades da festa os dous días, pero vós lembramos que non imos poñer luz para os postos.
  Indicanos o nome, telefono de contacto e un correo eléctrónico. Número de metros do posto, e que é o que vas vender.

  Horarios:
  O sabado 27, debedes montar o posto antes das 14:45,non se permitiran vehiculos na zona da festa despois desa hora;
  O domingo 28, debedes montar antes das 10:00, non se permitiran vehiculos na zona da festa despois desa hora.
  Se decides montar o posto na Sementeira ingresa os 10 euros na conta do Colectivo Malaherba: 2100-5980-66-0200007504 Poñendo: "Artesán, (+nome ,do artesán ou do posto)," . Unha vez ingresados os 10 euros quedará reservado o teu posto. Se me confirmades o ingreso en colectivomalaherba@gmail.com, mellor.  

   Lembra que o espazo é limitado, é importante que reservedes a vosa praza o antes posible, para non quedar fóra. Apertas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario