Alá foi outra edición da FESTA DA SEMENTEIRA...agradecer a tódolos que viñéchedes a participar nas Olimpiadas do Campo, aos que montachedes posto,aos que asistichedes á labranza e demais actividades, aos que compartichedes con nós o Xantar Popular, aos que desfurtachedes co Monólogo e cos concertos...e a toda a xente e asociacións que colaboraron botando unha man. Agardamos que disfrutárades e que o tempo nos siga respetando. Desexarlle tamén dende aquí unha pronta recuperación a Lucía de Raspaqueixos, logo de resultar lesionada nas OLIMPIADAS DO CAMPO.
Nós, dende Malaherba xa estamos dende hoxe a preparar a seguinte actividade...........Festival Sons da Lameira//MalaherbaRock


Podedes ver algunhas fotos da II Festa da Sementeira en:  http://flic.kr/s/aHsjEW8PL4


No hay comentarios:

Publicar un comentario