Rematou a III Festa da Sementeira

Despois dunha fin de semana intensa, só nós queda agradecervos moitísimo a todos os que vos pasestes pola FESTA DA SEMENTEIRA na súa terceira edición e compartistes con nós, unha grande fin de semana no Muíño da Regueira. Aos participantes nas Olimpiadas, aos que acudistes ao Xantar Popular,aos asistentes aos concertos,monólogo,labranza,sementeira e demais actividades; aos artesáns e a tod@s os que amosastes os vosos produtos no Mercado da Festa da Sementeira, a tod@s .... mil grazas por asitir e ser comprensivos con nós.
Queremos destacar tamén a predisposición, amabilidade, simpatía e colaboración (ademais do seu bo facer) de Sanamá, Sergio Pazos, Zurrumalla, Sacha Na Horta, Os escornabois, a banda de gaitas do Nautilius Svcd, e aos Sete Cuncas, foi un pracer, así dá gusto. Agradecer tamén á xente que axudou a completar colorido músical á festa como os amigos de Os Catro Quintos e a algúns amigos que fixeron soar os seus instrumentos por toda a festa.

Esta festa non sería posible sen a axuda de moitos veciños e amigos do Colectivo Cultural Alternativo MALAHERBA, que colaboraron co seu traballo, achegas de materiais e diferentes obxectos, animais, automóbiles, ferramentas,trofeos... nin tampouco sería posible sen a axuda das asociacións que colaboraron con nós dun xeito desinteresado: AVV "A Unión" de Matamá ,  Comunidade de Montes, Nautilius SVCD, SCA de Matamá, o Club de Raza Can de Palleiro e a comisión de Festas das Neves. Non hai palabras para agradecervos o voso traballo, predisposición a axudarnos, e comprensión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario