Sábado 5 de Xullo ás 16:00H, no torreiro de Matamá
Normas:
Cada equipo sitúase nunha parte do centro excepto os capitáns que se poñen no lado contrario ó seu equipo.

Cando brilan a 2 ou máis xogadores nunha mesma xogada, só un deles, ten a opción de salvarse; por norma xeral a oportunidade de salvarse será para o primeiro no que pete a pelota, pudendo cederlle a opción de salvarse ó outro compañeiro brilado na mesma xogada se o considera axeitado. Se conseguen brilar a un contrario, salvanse, voltando para a zona central onde está o seu equipo. Se o xogador brilado non é capaz de brilar a ningún xogador do outro equipo no primeiro tiro,segue xogando dende alí, durante todo o partido, non podendo voltar ó centro en ningún momento. No caso de que fose o primeiro xogador elimado o que se salva, o capitán colocaríase de novo no seu lugar orixinal, ata que eliminasen a outro membro do seu equipo.
No caso de que o balón tocase a dous (ou máis) xogadores do mesmo equipo e despois caíse o chan, os dous resultarían brilados.
Gaña o partido o equipo que consiga brilar antes a todos os seus rivales, lembrando que o último brilado ten tamen unha opción de tiro para salvarse e continuar xogando. Rematará o xogo cando o último brilado dun equipo non consiga brilar a ninguén no seu primeiro tiro despois de ser brilado.
Xuíz Árbitro: Alberto Villamarín Torres
Advertencia legal:
O Colectivo Cultural Malaherba no se fai responsable dos danos sufridos polos participantes en dita actividade(VI torneiño mixto de brilé MalaherbaRock) , asumindo cada participante a responsabilidade dos posibles danos que poidan ser causados aos mesmos.
SENDO OBRIGATORIO PARA PARTICIPAR no VI TORNEIÑO MIXTO DE BRILÉ :
que cada participante firme (Incluindo nome e DNI) antes de comezar a súa participación en dita actividade(VI TORNEIÑO MIXTO de BRILÉ)o seguinte escrito:
que cada participante firme (Incluindo nome e DNI) antes de comezar a súa participación en dita actividade(VI TORNEIÑO MIXTO de BRILÉ)o seguinte escrito:
Coñezo e comprendo os riscos derivados da participación na actividade descrita (VI TORNEIÑO MIXTO DE BRILÉ), comprometéndome á realización da mesm, na forma indicada polo persona integrante da organización e renunciando expresamente a efectuar cualquera reclamación futura dos perxuizos que poidan ser ocasionados co o obxeto da realización de dita actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario